Década de 1890
“Nace unha Tradición Musical”
Salceda de Caselas posúe unha longa tradición de máis dun século en bandas de música, que se remonta ao ano 1892, data da fundación da primitiva Banda. Tras varios altibaixos, a irrupción da Guerra Civil provoca, ao igual que ocorre coa maioría das agrupacións populares do país, a súa desaparición.
Década de 1980
“Renacimiento da banda”
A actual banda de música xorde como idea de Roxelio Ojea, quen, xunto coa axuda de antigos membros como Justo González, imparte clases de solfeo e instrumentos coa ilusión e o obxectivo de que Salceda de Caselas volva contar cunha banda de música. Deste xeito, arredor da festividade de Santa Cecilia do ano 1982, nace a formación actual.
En decembro de 1985, Roxelio Ojea cede a dirección da banda a Delio Represas, quen a abandona en novembro de 1988, asumindo entón a dirección Julio César Mariñas Iglesias.
Década de 1990
“Primeiros éxitos y expansión”
En novembro de 1991, a batuta pasa a mans de Miguel Aguilar Alfonso, quen permanece ata o ano 1996, sendo sucedido por Francisco Pérez Rodríguez.
No 1996, a banda é finalista no CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta e a CRTVG.
No 1997, a banda publica o seu primeiro disco, “Vivace”.
No 1999, a banda obtén o primeiro premio no CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “VILLA DE ARANDA” de Aranda de Duero (Burgos).
Década de 2000
“Reconocementos e consolidación”
No ano 2000, a banda obtén o primeiro premio especial no II Certame Internacional de Bandas de Música “Cidade de Cullera” (Valencia).
No ano 2001, recibe o primeiro premio no I Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación Provincial de Pontevedra” (Sección Segunda).
No 2002, obtén o segundo premio no II Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” (Sección Primeira).
En maio de 2004, José Ángel Presa Carrera asume a dirección da banda, permanecendo no cargo ata 2005, ano no que comeza unha nova etapa baixo a dirección de Asterio Leiva Piñeiro.
No 2006, a banda acada o primeiro premio e Mención de Honra no VI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación Provincial de Pontevedra” (Sección Primeira), ademais do galardón “Manuel Quiroga” ao Mellor Director.
No 2007, a banda publica o seu segundo disco, titulado “20 anos de Banda de Música”.
No 2008, obtén o primeiro premio no IX Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” en Aranda de Duero (Burgos), así como o primeiro premio no I Concurso Zonal de Bandas de Música “Zona Sur” da Deputación de Pontevedra (Sección Primeira).
En outubro de 2008, José Varela Pardo asume a batuta da banda, cedendo o posto a César Núñez Pérez en novembro de 2013.
Década de 2010
“Crecemento y conmemoracións”
No ano 2010, a banda obtén o segundo premio no IV Certame Galego de Bandas de Música (Sección Primeira).
No ano 2011, a banda publica o disco conmemorativo “25 aniversario: 1986-2011”.
No 2013, conseguiu o terceiro premio no VI Certame Internacional Villa de Dosbarrios (Toledo).
En novembro de 2013, César Núñez Pérez asume a dirección durante un ano, servindo como etapa de transición.
No 2014, Juan Lois Diéguez asume a dirección da Banda de Música Cultural de Salceda, facendo tamén responsable da dirección da Escola de Música e das súas agrupacións.
Década de 2020
“PREMIO e TRADICIÓN RENOVADA”
No ano 2023, a banda recibiu o Premio á Mellor Banda de Música Popular na X edición dos Premios Martín Códax da Música, co proxecto “De tradición” en colaboración con Suso Vaamonde.
Década de 1890
“Nace unha Tradición Musical”
Salceda de Caselas posúe unha longa tradición de máis dun século en bandas de música, que se remonta ao ano 1892, data da fundación da primitiva Banda. Tras varios altibaixos, a irrupción da Guerra Civil provoca, ao igual que ocorre coa maioría das agrupacións populares do país, a súa desaparición.
Década de 1980
“Renacimiento da Banda”
A actual banda de música xorde como idea de Roxelio Ojea, quen, xunto coa axuda de antigos membros como Justo González, imparte clases de solfeo e instrumentos coa ilusión e o obxectivo de que Salceda de Caselas volva contar cunha banda de música. Deste xeito, arredor da festividade de Santa Cecilia do ano 1982, nace a formación actual.
En decembro de 1985, Roxelio Ojea cede a dirección da banda a Delio Represas, quen a abandona en novembro de 1988, asumindo entón a dirección Julio César Mariñas Iglesias.
Década de 1990
“Primeiros Éxitos e expansión”
En novembro de 1991, a batuta pasa a mans de Miguel Aguilar Alfonso, quen permanece ata o ano 1996, sendo sucedido por Francisco Pérez Rodríguez.
No 1996, a banda é finalista no CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA, organizado pola Consellería de Cultura da Xunta e a CRTVG.
No 1997, a banda publica o seu primeiro disco, “Vivace”.
No 1999, a banda obtén o primeiro premio no CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “VILLA DE ARANDA” de Aranda de Duero (Burgos).
Década de 2000
“Reconocementos e consolidación”
No ano 2000, a banda obtén o primeiro premio especial no II Certame Internacional de Bandas de Música “Cidade de Cullera” (Valencia).
No ano 2001, recibe o primeiro premio no I Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación Provincial de Pontevedra” (Sección Segunda).
No 2002, obtén o segundo premio no II Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” (Sección Primeira).
En maio de 2004, José Ángel Presa Carrera asume a dirección da banda, permanecendo no cargo ata 2005, ano no que comeza unha nova etapa baixo a dirección de Asterio Leiva Piñeiro.
No 2006, a banda acada o primeiro premio e Mención de Honra no VI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación Provincial de Pontevedra” (Sección Primeira), ademais do galardón “Manuel Quiroga” ao Mellor Director.
No 2007, a banda publica o seu segundo disco, titulado “20 anos de Banda de Música”.
No 2008, obtén o primeiro premio no IX Certame Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” en Aranda de Duero (Burgos), así como o primeiro premio no I Concurso Zonal de Bandas de Música “Zona Sur” da Deputación de Pontevedra (Sección Primeira).
En outubro de 2008, José Varela Pardo asume a batuta da banda, cedendo o posto a César Núñez Pérez en novembro de 2013.
Década de 2010
“Crecemento e conmemoracións”
No ano 2010, a banda obtén o segundo premio no IV Certame Galego de Bandas de Música (Sección Primeira).
No ano 2011, a banda publica o disco conmemorativo “25 aniversario: 1986-2011”.
No 2013, conseguiu o terceiro premio no VI Certame Internacional Villa de Dosbarrios (Toledo).
En novembro de 2013, César Núñez Pérez asume a dirección durante un ano, servindo como etapa de transición.
No 2014, Juan Lois Diéguez asume a dirección da Banda de Música Cultural de Salceda, facendo tamén responsable da dirección da Escola de Música e das súas agrupacións.
Década de 2020
“Premio e tradición renovada”